Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O CONCELLO DE MONDOÑEDO ASINA UN CONVENIO CON ANIMALS HELP PARA RECOLLER E ATENDER AOS ANIMAIS ABANDONADOS OU EXTRAVIADOS NO TERMO MUNICIPAL

Convenio Animals Help 2016

O Goberno local do Concello de #Mondoñedo vén de asinar un convenio coa Asociación Animals Help para recoller e atender aos animais abandonados ou extraviados no termo municipal. A Ley 1/1993 recolle que é obriga das administracións locais a recollida de animais, cans ou gatos, abandonados nas súas respectivas localidades.

Como asociación protectora de animais, Animals Help, encargarase de recuperar física e psicoloxicamente a estes animais abandonados para a súa posterior inserción social como mascotas de compañía, maioritariamente a través da adopción internacional mediante convenios pactados con asociacións da UE.

A asociación será a encargada dos traballos de esterilización e adopción, así como da educación social para a tenencia responsable de animais. Para levar a cabo as súas funcións a asociación dispón dun refuxio con instalacións propias no Concello de Xermade.

Animals Help encargarase da recollida dos animais e do traslado, da súa identificación mediante un microchip, da atención veterinaria e de cubrir as necesidades alimenticias e tratamentos que foran precisos. Ao mesmo tempo, procurará a adopción dos animais en debidas condicións e coa cartilla veterinaria que os identifique.

Pola súa banda, o Concello de Mondoñedo velará polo cumprimento do acordo e pola normativa vixente de tenencia de animais de compañía. Dará aviso dos abandonos e colaborará coa asociación naquilo que sexa preciso.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com