Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O #ENTROIDO MINDONIENSE CELÉBRASE O SÁBADO 13 DE FEBREIRO CON NOVIDADES NA SÚA PROGRAMACIÓN

Entroido 2016

Mondoñedo, domingo 17 de xaneiro de 2016.- O Entroido de #Mondoñedo celebrarase este ano o sábado 13 de febreiro. Organizado polo Concello (a través da Concellería de Xuventude que dirixe Alberto García), e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos da localidade (ACIAM), en colaboración con voluntarios; conta cun programa que presenta importantes novidades que ¿melloran o seu atractivo, co que se buscan dar un pulo a esta cita anual¿.

O Entroido mindoniense de 2016 inclúe un incremento no número de diferentes categorías que poden participar no desfile e melloras no catálogo de premios, amais de contar con cartel musical, xunto coa incorporación das raíñas do Entroido.

En concreto, haberá novas categorías de participantes no desfile. Os adultos participarán no desfile nas categorías de comparsas, charangas, carrozas, grupos, individuais e parellas, mentres que tamén haberá premios infantís para grupos, parellas e individuais. Neste senso, é necesario resaltar que as novidades son a división entre comparsas e charangas, que en pasadas edicións competían na mesma categoría, ademais de que se creou unha nova categoría, a das carrozas.

Do mesmo xeito, tamén se mellora o cartel de premios. Así, a contía a repartir entre os gañadores increméntase nun 78% respecto á pasada anualidade e concederanse tres premios por categoría que participa.

Por outra banda, este ano o desfile incorpora as raíñas do Entroido, tanto infantil como xuvenil, acompañados polas damas e cabaleiros de honra.

A maiores, a programación do Entroido de Mondoñedo para este ano tamén conta coa actuación musical dunha orquestra, que permitirá amenizar a entrega de premios e prolongar a celebración deste día na localidade.

Por último, a alcaldesa Elena Candia lembrou que o Goberno municipal ¿quere apostar polo Entroido e, deste xeito, estase a traballar en melloras na súa programación, que xa comezarán a darse esta anualidade e que permitirán impulsar esta cita¿.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com