Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

XV XORNADAS MINDONIENSES DE ARQUEOLOXÍA "VILLAAMIL Y CASTRO"

XV Xornadas Arqueoloxía_1

As XV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía ¿Villaamil y Castro¿ celebraranse no Salón de Actos da Casa da Xuventude (localizada na rúa Pacheco) de Mondoñedo os días 11, 12 e 13 de decembro de 2015.
A actividade está organizada polo Concello de Mondoñedo e conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo
PROGRAMA:
Venres 11 de decembro
19:30h. Recollida de documentación.
19:45h. Acto de Inauguración.
20:00h. Conferencia.
"A verba 'celta' é tan polisémica que perdeu o seu significado"
Dr. D. Francisco Calo Lourido
Arqueólogo e Antropólogo
Sábado 12 de decembro
18:30h. Conferencia,
"Arqueoloxía dos asentamentos rurais na Galicia romana: villae e casais"
Dr. D. Fermín Pérez Losada
Universidade de Vigo
Domingo 13 de decembro
09:00h. Saída de Mondoñedo
11:15h. Vista:
Xacemento Romano de Cambre (Cambre, A Coruña)
Igrexa de Santa María de Cambre -século XII- (Cambre, A Coruña)
D. Ramón Boga Moscoso
Director Xacemento Romano de Cambre
MATRÍCULA:
A matrícula no curso é gratuíta e pode facerse comunicando os datos persoais no Concello de Mondoñedo por correo normal (Praza do Concello, s/n. 27740 Mondoñedo (Lugo)); fax (982 507 421) ou comunicar coa institución na que tomarán os teus datos (teléfono 982 52 40 03).
Matrícula por correo electrónico xornadas.arqueo@gmail.com
O prazo de matrícula finaliza o venres, día 11, ás 00:00h. para a matrícula por enderezo electrónico e o día 11 ás 14:00h. para o correo ordinario.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com