Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O CONCELLO DE MONDOÑEDO APROBA MEDIDAS PARA INCENTIVAR A REHABILITACIÓN DAS VIVENDAS EN ESTADO DE RUÍNA

O Goberno local do Concello de Mondoñedo aprobou no pleno celebrado o pasado venres 27 de novembro, unha serie de medidas encamiñadas a incentivar o arranxo dos inmobles en estado de ruína, tal e como recolle a ordenanza municipal de rehabilitación.
A alcaldesa da cidade, Elena Candia, explica que con esta iniciativa Mondoñedo segue apostando pola posta en valor dos inmobles, o que redundará nunha mellor imaxe do municipio ao tempo que incrementará o valor das construcións.
O Goberno local tratará de que as vivendas ruinosas sexan bonificadas polo imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) para que os seus propietarios se animen a arranxalas, e que, ao mesmo tempo, sexa un elemento atractivo para a súa adquisición.
A rexedora precisa que a aprobación da ordenanza e os incentivos non afecta en negativo ás arcas municipais, posto que os inmobles rehabilitados terán que pagar o seu IBI, o que representa uns ingresos relevantes.
PROXECTO PARA REHABILITAR A CASA DE CUNQUEIRO
Outro dos asuntos tratados no pleno foi o proxecto deseñado polo Goberno local para rehabilitar a casa de Álvaro Cunqueiro que saíu adiante cos votos do grupo de goberno.
OUTROS ASUNTOS
O pleno acordou tamén pedirlle dilixencia ao Sergas na cobertura da praza de pediatra. Candia explica que a xerencia garante a continuidade, polo que o que se demanda é que se faga de xeito áxil. Aprobouse ademais unha delimitación dun núcleo rural.
O Concello de Mondoñedo tamén deu luz vez á adhesión ao portal da transparencia e aprobouse iniciar os trámites para a declaración de fillo adoptivo de Enrique Cal Pardo.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com