Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

¿PLAYLIST PARA UNHA RETIRADA¿ DA PONTEVEDRESA ELVIRA RIVEIRO ACADA O PRIMEIRO PREMIO NO IV CERTAME DE POESÍA MANUEL LEIRAS PULPEIRO

Premio Leiras Pulpeiro_2015

Elvira Riveiro Tobío natural de Cerponzóns concello de Pontevedra alzase como gañadora da IV edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, Premio convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura de Deputación Provincial de Lugo. O traballo presentado pola gañadora que obterá un premio de 1500 €, praca e diploma, ten por título ¿Playlist para unha retirada¿.
O segundo premio, dotado con 600 €, praca e diploma, recaeu na obra titulada ¿Sete sonetos e coda¿ da que é autor, Óscar García Ramos de A Coruña.
Matiño Maseda Lozano, acadou o 3º premio, dotado con 300 €, praca e diploma, coa obra ¿A linguaxe das palabras rotas¿. Martiño Maseda é de Vilalba.
A entrega do premio terá lugar o vindeiro sábado, día 5 de decembro segundo o seguinte programa:
12.00 horas; Recepción oficial na Casa do Concello.
12.15 horas; Ofrenda floral ante a tumba do poeta.
12.45 horas; Entrega de Premios no Salón de Plenos do Concello.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com