Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE MONDOÑEDO OFRECE ZUMBA E BAILE MODERNO NUNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO LUNS 23 DE NOVEMBRO

Curso Baile_2015_a

Os concelleiros de Servizos Sociais, Deportes e Xuventude, Ángeles Rodríguez, Manuel Tapia e Alberto García, respectivamente, e a directora do Centro Sociocomunitario, Mari Carmen Casasnovas, presentaron hoxe unha serie de actividades que se desenvolverán nunha xornada de portas abertas que terá lugar no centro sociocomunitario da localidade, o vindeiro luns 23 de novembro.
As exhibicións serán de zumba e baile moderno. A primeira delas ofertarase en horario de 16:30 a 17:30 horas, mentres que a de baile moderno será entre as 17:45 e 18:45 horas. A xornada é gratuíta, e servirá de aliciente a todos os que queiran apuntarse a estas actividades, que ofrecerá o Concello de Mondoñedo a partir do mes de xaneiro, no Centro Sociocomunitario e na Casa da Xuventude.
ACTIVIDADES QUE OFRECERÁ O CENTRO SOCIOCOMUNITARIO A PARTIR DE XANEIRO
O custe destas actividades, que coorganiza o Concello xunto ao Centro Sociocomunitario a partir do mes de xaneiro, dependerá do número de inscritos. A intención é a de que as actividades teñan un horario flexible, "o mais axeitado tamén para a xente que traballa, de xeito que ninguén se quede sen poder desfrutar delas" salientou Alberto García, concelleiro de Xuventude. Mentres que o edil de Deportes destacou as características desta iniciativa e o beneficio que teñen para os veciños ao tempo que incidiu no seu cariz ¿saudable¿. Pola súa banda, a edil de Benestar anunciou que estas actividades poderanse completar con clases de pilates, se así o solicitan os interesados.
Para mais información, os interesados poden chamar ao Centro Sociocomunitario de Mondoñedo a través do número de teléfono 982 507 186. A inscripción pode facerse presencialmente na primeira planta do Centro Sociocomunitario.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com