Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O CONCELLO INFORMA DA APARICIÓN DE DOUS NOVOS RESTOS ARQUEOLÓXICOS DENTRO DO TERMO MUNICIPAL

Menhir

Dende o Servizo de Arqueoloxía do Concello de Mondoñedo informan da aparición de dous novos restos arqueolóxicos no municipio.
A alcaldesa da localidade, Elena Candia, explica que a partir de traballos de investigación e prospección do servizo de arqueoloxía sobre o territorio mindoniense localizáronse unha serie de elementos de interese arqueolóxico dentro do concello que foron comunicados á Dirección Xeral de Patrimonio.
O Servizo de Arqueoloxía da Delegación lucense da Dirección Xeral de Patrimonio visitou os lugares, acompañado polos servizos locais, e procedeu á catalogación de dous novos xacementos dentro do concello. Un dos restos é menhir, un momento megalítico, de case tres metros de altura localizado nas proximidades do Pico da Toxiza. O outro xacemento parecer ser un Castra Aestiva, un campamento militar romano de campaña, atopado nos montes de Zoñán.
A rexedora engadiu que nos vindeiros días procederase á documentación detallada de cada un deles e á elaboración de proxectos de investigación relacionados cos mesmos, sobre todo no caso do campamento para tentar corroborar o que a todas luces parece ser un novo vestixio romano en Mondoñedo.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com