Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

ELENA CANDIA INCENTIVARÁ AOS PROPIETARIOS DE VIVENDAS ABANDONADAS PARA AVANZAR NA SÚA REHABILITACIÓN E MELLORAR A SEGURIDADE CIDADÁ

Mellora Vivendas

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, avanza que o Goberno que preside prevé articular incentivos para os propietarios de vivendas abandonadas como paso previo para avanzar na súa rehabilitación, así como para garantir e mellorar a seguridade cidadá.
A rexedora prevé por en marcha un censo de vivendas abandonadas ou que se atopen en estado ruinoso e elaborar un paquete de medidas para que as edificacións poidan ser rehabilitadas polos seus propietarios.
A alcaldesa precisa que ¿o dereito á propiedade privada debe ser compatible con non xerar danos e prexuízos nin ás persoas que circulen polas beirarrúas nin ás vivendas anexas".
O Goberno local ten previsto elaborar, de xeito inmediato, un censo que inclúa as vivendas abandonadas na zona urbana e tamén no rural. Ao mesmo tempo, o executivo que preside Elena Candia aprobará un paquete específico de medidas que garantan a seguridade xurídica precisa para darlle unha resposta máis áxil ás demandas dos cidadáns.
Estas propostas veranse complementadas cunha serie de incentivos destinados aos propietarios para que poidan acometer as obras, restablecer a seguridade e contribuír á mellora da imaxe da localidade no seu conxunto.
IMPULSO Á ZONA ARI:
A rexedora traslada ademais a súa aposta polas axudas á rehabilitación a través da zona ARI ( Área de Rehabilitación Integral), declarada en 1998. O Goberno local de Mondoñedo tramita xa un novo convenio que permitirá a adhesión de novas vivendas, en concreto 22.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com