Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

Xoves movidos e domingos da horta

O Concello de Mondoñedo desenvolverá durante o mes de agosto un variado programa de actividades, que se celebrarán os xoves e os domingos, e que inclúe dende actividades de entretemento e lecer para os máis novos da casa ata a posta en valor dos produtos da horta do municipio.
En concreto, a programa coñecido como Xoves Movidos ofrece distintas alternativas para entreterse en Mondoñedo, especialmente os pequenos, dende karaoke, a contacontos ou outros xogos alternativos. As actividades a desenvolver son as seguintes:
Xoves 30 de xullo:
-18:00 horas. Karaoke e xogos alternativos. Praza do Concello
-19:00 horas. Animación polas rúas a cargo da charanga Aires do Padornelo
Xoves 6 de agosto.
-18:00 horas. Contacontos e xogos tradicionais. Praza do Concello
-20:30 horas. Teatro ¿Mondoñedo: Paradiso¿, orixinal de Francisco Piñeiro. Grupo O Bordelo. Praza do Concello
Xoves 13 agosto
-18:00 horas. Contacontos musical. Praza do Concello
-23:00 horas. Actuación do grupo musical Paty Lesta&Thehits. Praza do Concello
Xoves 20 agosto
-18:00 horas. Actividade Infantil
-19:00 horas. Animación pola rúa a cargo da orquestra Ce Pantasma. Remata na Praza do Concello
Xoves 27 de agosto
-17:30 horas Teatro Infantil Raiolas. Obra: Pepito O Fracasado
-19:00 horas. Actuación e taller de maxia co mago Deimi
-23:00 horas. Actuación Los Limones. Praza do Concello
Pola súa banda, os Domingos da Horta permitirán poñer en valor os produtos tradicionais cultivados en Mondoñedo, dos que os diferentes locais ofrecerán degustacións a través de distintas elaboracións.
Domingo 16 de agosto
- 10:00 horas. Día da Leituga. Mercado Praza da Catedral e degustación nos locais de hostalería. A maiores, haberá música tradicional galega
Domingo 23 de agosto
- 10:00 horas. Día do Tomate. Mercado na Praza da Catedral e degustación nos locais de hostalería.
- 12:00 horas. Animación pola rúa con ¿Os Suplentes¿ de As Pontes
Domingo 30 de agosto
- 10:00 horas. Día do Cabaciño. Mercado na Praza da Catedral. Demostracións nos locais de hostalería. A maiores, haberá música tradicional galega.
O equipo de goberno destaca a importancia de levar a cabo este tipo de iniciativas coas que se amplía o abano de opcións ofrecidas aos mindonienses para pasar o tempo de lecer no municipio, o que directamente repercute no agrado dos veciños, e de xeito indirecto contribuirá a impulsar a economía local.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com