Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

Axudas á Rehabilitación de Vivendas

A Oficina Municipal de Rehabilitación informa que onte saíu publicado no DOG a orde pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de rehabilitación edificatoria do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013¿2016, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.
Esta axuda está aberta ata o 21 de agosto ( prazo de un mes) e está destinada fundamentalmente a edificios de vivendas para accesibilidade e actuacións de conservación, mellora da calidade e sustentabilidade, etc.
Para información e tramitación poden dirixirse a Oficina Municipal de Rehabilitación ou chamando o 982521402 ou no enderezo electrónico: rehabilitacionmondonedo@gmail,com

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150721/AnuncioCA02-140715-0013_gl.html

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com