Esta semana a nosa alcaldesa Elena Candia enviou unha carta á alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, instándoa a que recapacite na súa intención de cambiar o nome á rúa Álvaro Cunqueiro da capital de España.
A figura de Don Álvaro debe alonxarse de toda vinculación política, pois o que debe permanecer é a súa importantísima obra literaria tanto en lingua galega como en lingua castelá.