Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

A Xunta de Goberno do Concello de Mondoñedo acorda iniciar o procedemento de contratación das obras de rehabilitación da Casa de Xuventude

A Xunta de Goberno do Concello de Mondoñedo acordou hoxe iniciar o procedemento de contratación das obras de rehabilitación da Casa da Xuventude.

A memoria valorada das obras que se pretenden realizar no inmoble teñen por obxecto solucionar os problemas de filtración das humidades existentes no edificio, ademais de renovar os acabados nas zonas afectadas polas obras.

Dende o goberno local resaltan a importancia deste edificio, que funciona tamén como Centro de Información Xuvenil, e que constitúe un medio fundamental de promoción cultural e de dinamización da xuventude do concello.

Obras a realizar
As actuacións a realizar inclúen renovación das cubertas planas, colocación dun sistema de ventilación forzada automático; reparación dunha parte da cuberta de lousa do inmoble; renovación da tarima flotante de madeira nas zonas afectadas polas humidades; colocación dunha canaleta de recollida de auga de condensación da zona da galería e selado do encontro da galería de aluminio contra o muro de peche da vivenda; e renovación dos acabados interiores do inmoble.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com