Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O Concello de Mondoñedo inicia o procedemento de contratación das obras de rehabilitación do campo de fútbol municipal ¿Viñas da Veiga¿

Rehab campo futbol 2015_imaxe

A Xunta de Goberno do Concello de Mondoñedo acordou iniciar o procedemento de contratación das obras de rehabilitación do campo de fútbol municipal Viñas da Veiga¿.
Estas actuacións teñen por obxecto solucionar os problemas de filtración das humidades existentes sobre todo na cuberta da grada principal, onde os canos, que recollen as augas, están completamente rotos e existen problemas de corrosión na chapa da cuberta e na estrutura que a sustenta. ¿É necesario tomar medidas para frear a corrosión e protexer a estrutura, e deste xeito, evitar un problema estrutural importante¿
O goberno local defende a necesidade desta obra e resaltan a importancia que o campo de fútbol ten para Mondoñedo, que constitúe o lugar de adestramento tanto para o equipo que compite en segunda autonómica, como para as categorías inferiores que participan en diferentes ligas.
Estas obras de rehabilitación serán financiadas nun 95% pola Deputación de Lugo e contan cun orzamento de 34.949,66 euros. A memoria do proxecto inclúe, entre outras, as seguintes actuacións: reparación dos piares de formigón armado que sustentan a cuberta da tribuna; a reparación da corrosión en parte da estrutura; a substitución do cano que recolle as augas; e tamén se pintarán tanto a chapa que fai a cuberta, como a estrutura que a sustenta; así coma os muros de peche, a gradería, os banquillos¿

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com