Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O CONCELLO DE MONDOÑEDO CONTINÚA COS TRABALLOS DE LIMPEZA DO CASCO URBANO

Continuación limpeza casco urbano 2015

O Concello de Mondoñedo continúa cos traballos de limpeza do casco urbano consistentes na eliminación de vexetación, fungos, materia orgánica, lixo e outros restos que se presentan nas rúas e localizacións da cidade.
En concreto, hoxe os operarios realizaron actuacións, mediante diferentes sistemas de limpeza, na zona da Praza da Catedral, unha das localizacións nas que están a actuar. O plan de limpeza posto en marcha polo goberno local inclúe traballos tanto en zonas do centro como periféricas, que presentan unha importante densidade de sucidade e vexetación media alta.
O goberno local considera moi necesarios estes acometidos, que permitirán restablecer a boa imaxe da localidade. Neste senso, o plan de limpeza inclúe a aplicación dos produtos fitosanitarios necesarios, o corte e rasurado de toda a vexetación, o raspillado do lixo e da materia orgánica pegada, así como a recollida de toda a materia solta mediante barrido mecánico e manual e o baldeado con máquinas hidrolavadoras.
O Concello de Mondoñedo está a avanzar tamén nas labores de limpeza e desbroce nas parroquias, un dos compromisos asumido polos populares e ao que se lle está a dar resposta de maneira ¿inmediata¿ e ¿prioritaria¿.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com