Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O Concello de Mondoñedo agradece aos veciños do Coto e a colaboradores a limpeza da piscina fluvial

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Servizos, Urbanismo e Obras, José Otero Rejes, quixeron agradecer hoxe a implicación e o traballo dos veciños do Coto e doutros colaboradores que realizaron actuacións de limpeza na piscina fluvial e na área recreativa da ¿Fervenza¿.

Puxeron en valor o compromiso amosado polos veciños que se implicaron na limpeza e desbroce dos terreos dos arredores da piscina fluvial; así como nas tarefas dirixidas a sanear e a encher de auga a piscina.

Deste xeito, Candia e Otero Rejes agradeceron a implicación de todos os veciños que se involucraron na potenciación e limpeza desta área que permite que poda estar aberta ao público, para o goce e desfrute dos mindonienses

Desde o Concello reiteran a disposición por seguir colaborando con todo este tipo de iniciativas que, froito da vontade e voluntariado veciñal, fan posible o uso público dun espazo de grande importancia lúdica e natural que de seguro que fará as ledicias de grandes e pequenos ao longo deste verán.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com