Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O Concello de Mondoñedo pon en marcha un plan de limpeza do casco urbano

O Concello de Mondoñedo poñerá en marcha un plan de limpeza do casco urbano. O goberno local considera ¿moi necesario¿ e ¿urxente¿ realizar estas actuacións que permitirán restablecer a boa imaxe da cidade. O equipo de goberno explica que os traballos consistirán na eliminación de vexetación, fungos, materia orgánica, lixo e outros restos que se presentan nas rúas e localizacións da cidade, mediante diferentes sistemas de limpeza. Neste senso, puntualizan que se aplicarán os produtos fitosanitarios necesarios e se procederá posteriormente ao corte e rasurado de toda a vexetación, ao raspillado do lixo e materia orgánica pegada, así como a recollida de toda a materia solta mediante barrido mecánico e manual Tamén se procederá ao baldeado con máquinas hidrolavadoras. As actuacións realizaranse tanto en zonas centro como periféricas, que presentan unha importante densidade de sucidade e vexetación media alta. Así, dende o goberno local explican que se iniciarán estas actuacións na Praza da Catedral, Seminario e Fonte Vella e se continuará por todas as rúas da localidade. ¿É necesario hixienizar as rúas¿, aseguran dende o goberno local ao que engaden que en algunha localización requírense acometidos a maiores como é na Rúa Marina Mayoral a limpeza das canaletas metálicas que discorren por ambos lados da mesma ou na Praza da Catedral, a limpeza a fondo das escaleiras de soportais con hidrolavadoras.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com