Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O MERCADO MEDIEVAL DE MONDOÑEDO CHEGA Á SÚA XXIII EDICIÓN.

O Mercado Medieval de Mondoñedo chega á súa XXIII edición e celebrarase os días 9 e 10 de agosto de 2014.

O Mercado Medieval de Mondoñedo é o máis antigo da comarca e constitúe un referente na comarca, na provincia e en Galicia.
Na presente edición o número de postos supera o de edicións anteriores situándose por riba dos 190 ocupando as rúas do Casco Histórico mindoniense. Postos de artesanía, alimentación, ambientación e demostracións de oficios tradicionais.
Os espectáculos de animación de rúa centraranse nas exhibicións de cetrería, xogos populares, actuacións musicais, actuacións de malabares, actuación do Cabaleiro Medieval, coplas de cego e Mesnadas Mindonienses.
O mercado conta co patrocinio da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.
O día 9, a partir das 21:00h., terá lugar na Praza da Catedral a Cea Medieval (Polo asado, xamón cocido, empanada, pan, viño ou cervexa, tábaoa e xarra conmemorativas. Prezo: 10€)
Na presente edición do Mercado Medieval o orzamento supera os 40.000€

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com