Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Pascual Veiga Iglesias (1842 – 1906)

Pascual Veiga nace en Mondoñedo o 9 de abril de 1842 e falece o 12 de xuño de 1906 en Madrid.

Cursa estudios como neno de coro na Catedral mindoniense baixo a dirección de José Pacheco. A súa primeira obra data dese tempo e é un Septenario á Virxe das Dores.

Entre 1856 e 1860 estuda órgano con Rafael Tafall, organista desta mesma catedral. Ao falecer Tafall ábrese unha nova etapa de oposición ao posto (1861) e Veiga oposita por méritos, pero ao non acadar a idade mínima non accede a ela. Isto mesmo será o lle aconteza canto intente acceder á praza de organista Colexiata de Covadonga (Asturias).

Será no 1864 cuando fixe a súa residencia en A Coruña ao ser admitido como organista polo Cabido. Ao ano seguinte (1865) é nomeado Vicepresidente da Sección de Música da sociedade Fraternidad Juvenil onde dirixirá o seu Orfeón e comporá para el numerosos bailables.

En 1867 abandonará unha capela musical en A Coruña, xunto con outros profesores, para fundar unha Orquestra que en 1875 acadará, tras petición e aprobación do Cabido, a designación de Capila da Real e Insigne Colexiata de A Coruña. Esta é a etapa das composicións relixiosas das que destacan unha Misa de Requiem, un Te Deum e numerosos motetes e panxoliñas.

Entorno a 1867, ano en que compón a música que se interpretará para os balies das festas do Entroido, comeza a súa etapa de fundador e impulsor de Orfeones de Galicia. Tamén é nomeado vicepresidente da Sección de Música e Canto do Liceo Brigantino, que dirixirá xunto a Canuto Berea.

Co Orfeón Brigantino, creado por el, obterá en 1877 o primeiro premio de interpretación no certame organizado polo Círculo de Ximnasia e Esgrima coa obra El Amanecer, de Eslava.

Na etapa do Orfeón Brigantino porá música a poemas como Gallegos. ¡A nosa terra! Escena coral en verso en un auto, escrita para o Orfeón Brigantino da Coruña (1879), Os ártabros. Escena orfeónica e As artes e outras poesías musicadas con títulos de Alborada, Muiñeria, Serenata e Barcarola de Gumersindo Placer López.

En 1878 abandoará o Orfeón Brigantino e fundará o Orfeón Coruñés para presentarse ao certame musical organizado con motivo das festas de María Pita polo Liceo Brigantino onde gaña o primeiro premio.

Nesas mesmas datas funda o Orfeón Pacheco en Mondoñedo, de curta vida e, con posterioridade, no 1880, á fronte do Orfeón Brigantino nun certame musical en Pontevedra organizado pola Sociedade dos Xogos Florais, presenta a Alborada gallega, máis coñecida como Alborada de Veiga. No 1881 o Orfeón Pacheco nomea a Pascual Veiga como director honorario.

En 1882 funda El Nuevo Orfeón que en pouco tempo pasará a denominarse El Eco. A súa primeira actuación será ese mesmo ano en Pontevedra con motivo dos Xogos Florais obtendo o primeiro premio. Con este gañará varios premios ata que en 1886 abandoará a coral.

En 1888 crearanse en A Coruña dúas cátedras musicais unha de Solfeo e Canto e outra de Instrumentación. Ao ano seguinte a primeira divídese en dúas: Solfeo e Canto accedendo Veiga á de Solfeo.

En 1889 fundará o Orfeón Coruñés Número 4 (ocuarto fundado por el na Coruña) para acudir ao certame de orfeóns que se organiza con motivo da Exposición Universal de París dese mesmo ano. Os días 22 e 23 de agosto participará no concurso da Exposición Universal de París conseguindo un gran éxito e alcanzando o primeiro premio e Medalla de Ouro.

No 1890, coa axuda da directiva do Orfeón Coruñés Número 4, organiza un certame musical no que se establecen dous concursos, un de composición e outro de execución. Entre os premios do primeiro establécese unha categoría de creación dunha marcha rexional galega sobre o texto da poesía de Eduardo Pondal que comeza co verso “Que din os rumorosos;...” Neste concurso Veiga non participa porque forma parte do xurado.

A partitura de Veiga que porá música a este texto está firmada en 13 de xullo dese mesmo ano. Esa será o futuro Himno Galego. Esta obra estrearase no Gran Teatro de La Habana (Cuba) o 20 de decembro de 1907, tras a morte de Pascual Veiga e grazas ás xestións de Fontenla Leal.

En setembro abandona o Orfeón Coruñés Número 4, que pasará a ser dirixido polo seu fillo.

No 1896 trasládase a Madrid ao ser nomeado profesor do Conservatoria Nacional de Música. En 1897 encárgase de la dirixir ao orfeón madrileño e, despois, ao do centro galego de la capital.

Falece en Madrid en 1906. Os seus restos serán trasladados a Mondoñedo en 1912.

A obra de Veiga é moi ampla e variada, pero sobre todo está enfocada ao orfeóns que foron a súa vida. En primeiro lugar podemos falar de una etapa de composicións relixiosas das que destacan unha Misa de Requiem, un Te Deum e numerosos motetes e Panxoliñas. (entorno a 1867).

Porá música a poemas como Gallegos. ¡A nosa terra! Escena coral en verso en un auto, escrita para o Orfeón Brigantino da Coruña (1879), Os ártabros. Escena orfeónica e As artes e outras poesías musicadas con títulos de Alborada, Muiñeria, Serenata e Barcarola de Gumersindo Placer López. (entorno ao ano 1877). Alborada gallega, máis coñecida como Alborada de Veiga (1880).

Escribe a música para o poema de Pondal Os Pinos lo que acabará sendo Himno Galego (1890).

Ademais debemos citar: Lazos de amor, A última queixa, Unha foliada, Alborada número 2 e El canto del pescador.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com