Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

José Pacheco (1784 ¿ 1865)

José Pacheco nace en Mondoñedo en 1784 e morre nesta mesma cidade en 1865. Os seus pais falecen cando todavía era pequeno polo que será educado pola avoa paterna.

En 1795 ingresa como neno de coro na Catedral mindoniense, elixido entre tres aspirantes. Ao ano seguinte (1796) falece a súa avoa.

Dende este momento Pacheco non perderá contacto coa igrexa mindoniense, posto que xa por esta época encargaráselle a Ángel Custodio González de Santavalla, Mestre de Capela desta Catedral, que prepare musicalmente a Pacheco. Pouco, despois, grazas aos seus grandes progresos, recibirá una gratificación de 4 reais diarios (antes cobraba 3).

En 1804 morre Santavalla e será Pacheco quen exerza como Mestre de Capela, encargándose de interpretar as Panxoliñas de Nadal compostas polo Mestre de Capela e tamén se encargará da educación musical do coro.

A partir de 1805 ábrese unha etapa de elección de Mestre de Capela á que opositan 10 aspirantes, entre eles Pacheco, pero este conta coa oposición de tres canónigos mindonienses.

No Nadal dese ano voltará a dirixir a execución das panxoliñas e, ao fin, será elixido para o posto de Mestre de Capela en 1806, cargo de desempeñará ata a súa morte en 1865.

Debido ao seu cargo, Mestre de Capela, deixou moitas obras: misas, salmos, himnos, arias, panxoliñas,... Destes últimos parte teñen a súa letra en galego. Entre as súas obras podemos destacar o Plorans.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com