Ángel Custodio González Santavalla accede ao cargo de Mestre de Capela na Catedral mindoniense en 1782 cando contaba cuns 35 anos. Non se coñece o lugar de nacemento, pero cando accedeu ao cargo procedía da Caetedral de Tui.
Foi mestre de José Pacheco que o sucederá no cargo. Falece en 1804 canto contaba cuns 55 anos de idade.
Debido ao seu cargo, Mestre de Capela, deixou moitas obras: misas, salmos, himnos, arias, panxoliñas,... Destes últimos parte teñen a súa letra en galego.