Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Antonio Noriega Varela (1869 ¿ 1947)

Nace en Mondoñedo o 19 de outubro de 1869 e falece o 24 de marzo de 1947 con 77 años de idade.

Cursa estudos no Seminario por ser sobriño dun sacerdote, pero non rematará a formación para crego pois dáse conta que esta non era a súa vocación. Aínda así consegue superar o segundo de teoloxía.

Este autor á coñecido como o Poeta da Montaña, porque lle cantou a esta. Cantoulle á beleza da montaña que puido atopar nos municipios de Abadín, A Pastoriza e Mondoñedo.

Así en 1895, o 18 de outubro, obtén un premio pola súa composición De Ruada nun certame literario convocado en Mondoñedo con motivo das Feiras de As San Lucas, o xurado estaba composto por Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Xosé Pérez Ballesteros, Andrés Martínez Salazar e Victorino Novo.

Noriega é mestre de primeira ensinanza e por iso é nomeado xerente da escola de Fondós (Foz) en 1901. Alí fará vida a que é enviado a outro destino. Así, en 1902 casará en Foz con Ramona Bello Maiña con quen terá seis fillos. Desta época é a súa amizade con Vilar Ponte que rexentaba unha farmacia na mesma localidade e con quen publicará o xornal ¡Guau, Guau! de liña anticaciquil.

Este é un momento de loita social e Noriega publicará poesías cívicas ácidas que farán que perda o seu posto en Foz, dando lugar a un traslado forzoso a Calvo de Randín (Ourense) (despois de 1910).

Dende esta localidade trasládase a Trasalba (Ourense) e aquí, en 1913, falecerá a súa dona. Ao ano seguinte casará con Dorinda Almansa Vázquez coa que terá sete fillos máis.

Nos 13 años que pasa en Trasalba desenrolará amizade con Otero Pedrayo e manterá boas relacións en Ourense con Basilio Álvarez, Eduardo Blanco Amor, Euxenio Montes, Vicente Risco, Antón Losada Diéguez e A. Noguerol.

En 1927 é nomeado membro da Real Academia Galega e aínda que non lea o seu discurso de ingreso considéraselle membro desde 1939 (xunto con outros cinco) para cubrir as baixas da Guerra Civil.

Tras o seu paso por Trasalba, trasladarase a Sta. María Magdalena da Graña de Vilaronte onde volta a atoparse coa montaña e onde consolida a súa desaprobación ao movemento galeguista, desaprobación que trasladará aos seus membros salvo a Otero Pedrayo.

Neste novo destino ten como compañeiro a Aquilino Iglesia Alvariño, seminarista aínda neste momento. Posteriormente, tras unha breve estancia en León, trasládase a Viveiro. Falece en 1947.

Na súa obra seguirá a Lerias Pulpeiro, amigo del, ata o ano 1910 en que se decide a cantarlle á montaña. Noriega é un poeta, netamente lírico, canta á montaña e está considerado o representante máis vello da lírica post ¿ renacentista e ponte entre o século XIX e o XX de la poesía galega.

En 1895 a obra De Ruáda, obtén un premio nun certame literario convocado polas Feiras de As San Lucas (en Mondoñedo).

Da súa estancia en Foz destacan Montañeses (1904 ¿segunda edición de 1910-) e as poesías cívicas que provocarán a perda do seu posto de mestre nesta localidade: Acción Galega, Pra os Mozos, En Boa Hora,... (anteriores todas a 1910).

En 1914, estando xa en Trasalba, publica A Virxen i a paisaxe e Do Ermo en 1920 (da que foron editores Vicente Risco, Antón Losada Diéguez e A. Noguerol). De esta etapa sairá a súa mellor poesía pola súa acentuada vena bucólica.

En 1929 o Concello de Mondoñedo financiará unha nova edición Do Ermo e durante a súa estancia en Viveiro publicará en Lugo a cuarta edición Do Ermo (1946).

Escolma de textos

¿E porque é tan lugués...

E porque é tan lugués, e porque o pide
teu xeito agreste, porque ben lles prace
ós verdes do Vilar de Lamonide
i ó hostil acivro que ond'a murta nace;

Teu paniño encarnado me namora,
linda serrana, moza churrusqueira,
que nos montes de Argán eres pastora
e no Fondal da Graña tecedeira.

¡Meu corazón, aquel que en noite triste
se apartou destes ermos, que o sol viste,
si ó cabo torna dun país lexano,

si, aínda que seña inverno, a vir se atreve,
mentras de vagarciño cai a neve,
chorará com'on neno ó ver teu pano!...¿

ANTONIO NORIEGA VARELA
en D¿o Ermo

* * *
(...)
¿Fálame, cousa bonita,
¡das raioliñas da lúa
que entran, a furto, na ermita!

E no me lembres a torre
donde te tuvo enmeigada
industria de amor que morre...

¡Doutros máis altos destinos
che fala a paz destes ermos
i o psalmear destes pinos!

Quen te veu, musa, algún día
fastuosiña no adro,
desguedellada na fía,

humilde agora te vexa
bica-la cruz do resario
i o pavimento da igrexa.¿

ANTONIO NORIEGA VARELA
en D¿o Ermo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com