Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Álvaro Cunqueiro Mora (1911 ¿ 1981)

Álvaro Cunqueiro nace en Mondoñedo o 28 de decembro de 1911 e finará en Vigo 28 de febreiro de 1981. El é o segundo de cinco irmáns.

Seu pai era boticario con grandes coñecementos de zooloxía e botánica e así transmitiralle uns amplos coñecementos sobre a natureza que o rodea e que se convertirá nun dos piares da súa produción imaxinaria.

No ano 1922 abandoará Mondoñedo para estudar bacharelato en Lugo. É aquí onde terá os primeiros contactos con xentes como Ánxel Fole, os irmáns Correa Calderón e, por suposto, co poeta Luís Pimentel que será clave para o seu traballo poético posterior.

Será en 1927 cando se traslade a Compostela a cursar estudos universitarios. Matricularase en Filosofía e Letras, sección de Historias. Aquí estará en contacto con Carlos Maside, Ricardo Carballo Calero, Domingo García Sabell, Santiago Montero Díaz, Gonzalo Torrente Basllester, Arturo Souto, Arturo Cuadrado e Ánxel Casal, editor de la revista Nós que lle abrirá a mesma, onde publicará desde poemas soltos como Fiestra a poemarios completos como Cantiga Nova que se chama Riveira.

Mentres isto ten lugar en Santiago, en Mondoñedo nace, no 1930, Vallibria (semanario fundado por Trapero Pardo) no que colaborará desde el n.º2.

Con la chegada da II República únese aos republicanos e ingresa no Partido Galeguista, aínda que se postula en contra do seu ingreso no Frente Popular. Con todo, participa na campaña en favor do Estatuto de Autonomía.

Cando estala a Guerra Civil está en Mondoñedo, de alí irá, en agosto do 1936, a Santa María de Ortigueira a impartir clases. Dende alí colaborará na revista falanxista Era Azul.

Son anos nos que traballa para diversos xornais tales como El Pueblo Gallego (Vigo), La Voz de España (San Sebastián), Vértice (San Sebastián) e Y (San Sebastián). No 1939 xa formará parte da redacción de ABC estreándose cun artigo tiutlado ¿En la hora final¿ o día en que se coñece o Parte, firmado por Franco, que pon fin á contenda.

Ademais do ABC, sigue colaborando noutros xornais como El Pueblo Gallego, Escorial, Santo y Seña e Misión. En Madrid chegou a ser subdirector del ABC.

Entre o 1940 e 1944 ten dous fillos, pero no 1944 seralle retirado o carné de xornalista por un incidente co embaixador francés. Isto fará que no 1947 retorne a Mondoñedo ata o 1957. Aquí permanecerá escribindo, agora nacerán as súas mellores obras literarias en galego e castelán, e remitindo colaboracións a diversos medios de comunicación entre eles aos xornais La Noche (Compostela) y Faro de Vigo (Vigo) do que será director durante cinco anos ata 1970.

En 1961 será elixido académico de número da Real Academia Galega e os actos de investidura levaranse a cabo en Mondoñedo en 1963.

Entre 1965 e 1970 será director do xornal Faro de Vigo.

Xa cara ao final da súa vida, en 1980, será investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela e antes de finar participará na campaña a pro do Si do novo Estatuto de Autonomía.

Falece no Hospital Xeneral de Vigo o 28 de febreiro de 1981.

A obra literaria de Cunqueiro é moi ampla polo que a presentaremos dividida en catro bloques: poesía, narrativa, drama e varia.

En primeiro lugar hai que dicir que a poesía foi un xénero cultivado por Cunqueiro dende que comeza a escribir, pero só publica seis libros e uno deles ve la luz dentro dunhas Obras Completas, pero ademais destes seis libros hai que engadir gran cantidade de poemas soltos publicados en xornais, revistas, etc.

Mar ao Norde (1932), Castiga nova que se chama Riveira (1933 e 1957), Poemas do si e do non (1933), Elegías y canciones (1940), Dona do corpo delgado (1950) e Herba aquí e acolá (1980) ¿en Obras Completas, recompilación de poemas soltos ata o 1979-.

Cunqueiro é un mago da prosa, unha gran pluma tanto en lingua galega como en linga castelá é un dos mestres da segunda metade do século XX, pero, con todo, a súa produción non comeza ata o ano 1955.

Narrativa en Galego: Merlín e familia (1955), As Crónicas do sochantre (1956), Se o vello Simbad volvese ás illas (1961), Escola de menciñeiros (1960), Xente de aquí e de acolá (1971) e Os outros feirantes (1979).

Narrativa en Castelán: Flores del año mil y pico del ave (1968), diversos contos na revista Vértice (1956), San Gonzalo (1945) ¿publicado baixo o pseudónimo Álvaro Labrada-, Las mocedades de Ulises (1960), Un hombre que se parecía a Orestes (1968), Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca (1972), Tertulia de boticas prodigiosas (1976) acompañada da tradución ao castelán das diversas descricións que foran Escola de menciñeiros e El año del cometa con la batalla de los cuatro reyes (1974).

No tocante ao drama debuta como autor teatral con O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959), pero antes xa incluíra unha pequena peza en As Crónicas do Sochantre (1956), esta foi Función de Romeo e Xulieta famosos namorados ¿estreada na Coruña en 1974-, A noite vai coma un río (publicada incompleta en Grial ¿1965- e de forma completa no volume de obras completas de teatro da editorial Galaxia en 1974), Palabras de Víspera (escrita no 1968 e publicada no 1974) e Xan, o bo conspirador (escrita en 1933 e publicada na revista Grial no 1978 ¿ esta é só un borrador da obra que conservaba Fernández del Riego-).

Por último temos que incluír un capítulo máis, pois además de todos os xéneros anteriores, debemos mencionar as obras sobre gastronomía, filoloxía, artigos xornalísticos e traducións.

La cocina cristiana de occidente (1969) e A cociña galega (1973), Tesouros novos e vellos (1963) e colaboracións en diversos xornais e revistas: ABC, Atlántida, Finisterre, Grial, La hoja del mar, Sábado gráfico, Vértice, ...

Escolma de textos

¿(...)O señor Merlín, asegún se sabe polas historias, era fillo de solteira e de nación allea, e veu herdado pra Miranda por unha tía segunda por parte de nai; pro facía disto tanto tempo que ninguén se lembraba do feito. Soio unha vella camareira de Quintás facía algo de memoria, de que sendo nena levárona ao enterro dunha señora a Miranda, e tralo crego de Reigosa, que cantaba mui ben, iba don Merlín vestido de negro, agás unha gran bufanda colorada, e xa daquela tiña mi amo a barba branca.(...)¿

ÁLVARO CUNQUEIRO
en Merlín e Familia

¿(...)
- En Vilamor, decíanos, houbo dous homes de talente: o Berete, que adeprendeu a ler nun día, i o Licho, que sacaba as moas sin dór. Preguntando polo Licho soupen que fora un home mui alto, mui gordo, cunha grande barba, e que sempre gastaba blusa moura, de maragato. Andaba polas feiras sacando moas. Chegaba a unha feira, subíase a un queixón, e colgábase de pescozo un grande colar feito cos dentes e moas meirandes que sacara, e pra traguer á clientela, espricaba as pezas máis fermosas:
- Ista moa foi do señor cura de Abraldes. ¡Moita freba de lacón leva cortado! Iste dente foi de doña Ramonita Verdes. ¿Vedes iste deste de tres reigañas? Do sombreireiro de Mondoñedo... (...)¿

ÁLVARO CUNQUEIRO
en Escola de Menciñeiros

¿Al atardecer, del ferial bajo a la ciudad. Me gusta bajar por Santo Domingo, luego por Batitales al pie de las Concepcionistas¿ Al llegar a la Peña de Francia me detengo: un instante he creído que hacían música en la casa de los Luaces. ¿Es Pacheco que toca a Rossini en el pianoforte? ¿O es que en el silencio de la ciudad y de la tarde de otoño, mana en la ciudad una fuente musical y eterna? Sobre la fina línea rossiniania, se quiebran ahora las campanas de la Catedral y cuando llego a la plaza, me encuentro, sin saberlo, en el final apasionado de una deliciosa y sentimental fantasía. Tiene un nombre oscuro y vago: Mondoñedo.¿ALVARO CUNQUEIRO
sobre As San Lucas

¿Na nao do mar laranxa
anda a noviar.
Seus amores pequeniños
nos os contar.

Porase coloradiña
hastra o van.
E tapará os dous ollos
con unha man.

Anda a noviar.
Non o contar!¿

ALVARO CUNQUEIRO
en Cantiga Nova que se Chama Riveira

¿Amor de auga lixeira,
muiñeira

Amor de auga tardeira,
ribeira.

Amor de auga frolida,
cantiga

Amor de auga perdida,
ña amiga.¿

ALVARO CUNQUEIRO
en Cantiga Nova que se Chama Riveira

¿CORO
Obriga do Coro, señoría de Elsnor, é escoitar o vento que pasa. E non hai lugar máis venteado no mundo que Elsinor. El Rei vello, en poridade, pode recramar a túa xusticia. Houbo un cirme, logo hai un asesino. Non digas o seu nome. Nono digo eu, que teño máis dunha cabeza. El Rei vello non te pode chamar Rei de Dinamarca. Hai un Rei en Dinamarca. Túa nai, súa fidelísima esposa, é a Raíña. Ti eres somentes o príncipe real. Un mocete preguizoso que lle gosta ás mulleres.
HAMLET
Morto El Rei, eu son Rei. E a lei, a costume, o orde. Son o primoxénito, a frol do sangue, enxendrada na noite nupcial.
CORO
¡Non! ¡Non eres!
HAMLET
(Desenvaina o puñal que leva ao cinto)
¿Non son?
CORO
¡Non eres! Envaina novmentes ese puñal de tan lucida folla. Teño moitas gorxas, cen e máis. Nunca rematarías de degolarme. Recoméndoche calma. Teu verdadeiro pai é El Rei novo. Namoraba á túa nai, tras os tapices da Cámara de Honra. Vinos máis dunha vez no xardín, e escusarse entre bicos no cenador. Halmar era ardente, imporvisto, falagador. Túa nai era unha nena, unha probe orfiña. O día das bodas, ti xa estabas de testigo no seu ventre. ¡Moitas festas houbo en Dinamarca! Hastra os cabalos beberon dobre cerveza de marzo.
(...)¿

ALVARO CUNQUEIRO
en O Incerto Señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com