Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Caleiras

Planta

A caleira é unha edificación realizada en pedra de pizarra. Presentan unha sección troncocónica que reúne nun só corpo a cámara de caldeo e a cámara de cocción e posúen un único acceso propiamente dito na parte baixa aínda que se emprega, tamén, a parte alta do forno para introducir material e para retiralo.

Esta construción está enterrada case na súa totalidade para manter mellor as altas temperaturas precisas quedando ao descuberto unha pequena parte (unha quinta parte aproximadamente) que permite acceder á parte baixa para cargar o forno e para alimentar o lume no momento da cocción.

O interior do forno poderíamos consideralo dividido en dúas partes, posto que a parte baixa ¿onde se deposita a leña e se fai o lume- está ¿separada¿ da cámara de cocción por un pequeno saínte (denominado zapata) onde se comezan a colocar as pedras calizas que serán as que delimiten, unha vez rematadas de poñer, a cámara de caldeo do resto do forno.

Este tipo de construcións podemos atopalas na práctica totalidade do Concello de Mondoñedo, aínda que destacan, pola súa abundancia, na parroquia de Masma.

O proceso da obtención do cal divídese en tres partes: preparativos, queima e retirada do material. En primeiro lugar lévase a pedra caliza ao lugar da caleira. Unha vez alí fragméntase, si é preciso, para ila colocando dentro do forno dende a zapata cara arriba formando unha bóveda que se pecha no medio do forno. De alí para arriba cóbrese de pedra todo o oco da caleira ata que sobresaia por riba do forno rematando todo o conxunto nun pequeno pico chamado colmo.
A queima consiste en facer o lume baixo a pedra de xeito ininterrompido ata que a pedra caliza se converta en cal. Para iso é preciso manter unha temperatura superior aos 900 ºC durante unhas 48 horas.

Neste período de queima consúmese abondosa leña. Orixinariamente era toxo o que se empregaba, agora, na recuperación etnográfica que fan en Masma no verán, empregan rama de eucalipto.

Forno cargado con lume debaixo (á esquerda). Na dereita exemplo de remoción da brasa para que se consuma ben, dea lapa e non atoe o forno denominado ¿dar falca¿.

O cal considérase que está listo cando a pedra que sobresae do forno pola parte superior queda ao ras coa construción.
Unha vez apagado o forno déixanse pasar, ao menos, dous días para que arrefríe e procédese ao baleirado do mesmo. Comézase por arriba e baixe baixando para rematar retirando a produción dende a boca do forno.

Neste momento é cando se separa o cal das pedras que non chegaron a queimarse.

Un bo xeito de coñecer este mundo é achegarse ao conxunto de caleiras do Chao das Caleiras en Outeiro, parroquia de Masma onde un bo número delas poden ser visitadas durante todo o ano, onde aínda se mantén o oficio de producir cal ao xeito tradicional, pero agora convertido nunha festa de interese etnográfico que se celebra de forma esporádica.

Imáxenes

Caleiras_2 Caleiras_3

Ver máis imáxenes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com