Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Parroquia de Vilamor

Igrexa Parroquial de Santa María de Vilamor

As orixes relixiosas desta parroquia, como xa vimos na de Masma, temos que levalas ao século XI (1086), cando o bispo D. Gonzalo falla un preito que sostiñan os cregos de Santa María de Vilamor cos cregos de San Andrés de Masma, pero a construción actual non é tan antiga.

O templo que hoxe se conserva, do século XVIII, presenta unha planta de cruz latina divida en nave, cruceiro e altar maior e posúe dúas sancristías ao lado do altar maior. Na fachada, de gran sobriedade, destaca o campanario central rematado cunha cúpula.

Capela da Virxe da Pena (Vilamor)

Esta edificación presenta planta rectangular con nave central e altar maior. A fachada principal presenta dúas pequenas ventás aos lados da porta principal e, como remate da mesma, posúe unha espadana singular nesta zona.

Ermida da Virxe da Guadalupe

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com