Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Parroquia de Santiago

Capela das Neves

Esta pequena capela situada nas proximidades do barrio de Maariz, parroquia de Santiago, e pegada ao Camiño de Santiago é unha edificación moderna. Posúe planta rectangular e espadana coroando a fachada. No seu interior alberga unha imaxe de San Rosendo do século XVIII.

Capela de San Pedro da Torre

Esta construción, ubicada no barrio do mesmo nome e dentro da parroquia de Santiago, data do século XVI e foi reformada posteriormente. Presenta nave, arco triunfal, capela maior e sancristía detrás.

No seu interior albérganse diversas imaxes de San Pedro, entre outros.

Capela de San Paio

Capela de planta rectangular con espadana coroando a fachada principal. Na mesma gárdase un retablo do século XVI con diversas imaxes ademais da de San Paio.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com