Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Parroquia de Santa María Maior

Igrexa Parroquial de Santa María Maior

Esta igrexa data do século XVIII e posúe planta de cruz latina. Presenta unha nave rectangular, cruceiro, altar maior e sancristía á dereita do presbiterio.

Diante da fachada principal ten un pequeno pórtico que cubre a porta principal na que atopamos un arco adintelado con batente de casetóns.

Posúe unha espadana de dous vanos e un só corpo sobre a fachada principal e outra sobre o muro da sancristía pero este dun só vano.

Posúe dúas lápidas sepulcrales no presbiterio.

Esta igrexa alberga tres retablos do século XVIII con diversa imaxinería dese mesmo século: San Caetano, San Antonio, San Roque, Santiago, Santa Lucía e San Xosé son algunhas das tallas que podemos atopar.

Ademais no presbiterio atópanse dúas lápidas sepulcrais.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com