Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Parroquia de Figueiras

Igrexa Parroquial de San Martiño de Figueiras

O lugar de Figueiras parece ser que foi poboado grazas ao bispo Don Martín (1219-1248) que outorga un foro aos que habiten o lugar. Non se conserva o documento orixinal pero si unha copia que o atribúe a este bispo. O feito, polo tanto, ten lugar no século XIII.

A construción actual presenta planta rectangular con nave central e altar maior. A fachada posúe unha porta en arco de medio punto e remata cunha pequena espadana.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com