Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Parroquia do Carme

Igrexa Parroquial do Carme

A actual igrexa foi fundada e construída a fins do século XIX (1895), cando se constitúe como parroquia na reforma parroquial levada a cabo nesta data.

O arquitecto da mesma foi D. José Doménech. A construción presenta planta de cruz latina con nave principal, cruceiro rematado en bóveda, capela maior e dúas sancristías a ambos lados do presbiterio.

Na mesma podemos atopar unha lápida de pedra con inscrición de 1679 procedente da antiga capela do Carme.

No interior atopamos diversos altares entre os que destaca o altar maior polo seu gran tamaño. Este está presidido pola padroa da parroquia, a Virxe do Carme.

.

Pazo de San Isidro

Situado a 1km do centro de Mondoñedo, fora do espazo definido como Casco Urbano, O Pazo de San Isidro foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 2018.

O edificio actual é do século XVIII e é un dos tres proxectos presentados polo arquitecto Diego Ibáñez Pacheo, que seguramente aproveitou as edificacións anteriores para apoiar a nova construción.

Entre as pedras atopadas no seu interior destaca a aparición dunha peza de xustiza que confirma que o lugar estivo relacionado coa xurisdición civil e criminal.

O pazo está formado por diversos corpos rectangulares acaroados entre si que conforman un conxunto de planta irregular con patio con pórtico no seu interior, onde destacan os capiteis e bases das columnas do patio de pedra e os fustes de madeira pintada, tipoloxía pouco frecuente en Galicia. (Fonte para Pazo San Isidro: Decreto 41/2018 de declaración de BIC, DOG, n.º48 de mércores, 2 de maio de 2018)

Na actualidade este pazo é visitable, previo contacto telefónico cos propietarios, que realizan visitas guiadas (Telf. 638 710 718)

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com