Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Parroquia Argomoso

Igrexa Parroquial de San Pedro de Argomoso

Esta é edificación dunha soa nave, aco triunfal de medio punto, capela maior e sancristía detrás.

A fachada principal ten un pórtico diante con dúas entradas adinteladas aos lados. Enriba hai unha espadana de tres vanos en pizarra reconstruída en 1935. Posúe tamén outra pequena espadana dun só vano sobre o muro lateral dereito da sancristía.

A edificación posúe unha inscrición: "Desengáñense todos, que sin la oración, corre peligro nuestra salvación"

O altar maior presenta un retablo de estilo neoclásico do século XIX onde destacan as imaxes de San Pedro, a Virxe co neno e San Paulo.

A ambos lados posúe tamén dous retablos máis, Neoclásico o da dereita e Renacentista o da esquerda.

Capela de San Antón

Situada no barrio de Barral, parroquia de Argomoso, esta capela de planta rectangular con cuberta a dúas augas. Posúe espadana dun só corpo e un só vano enriba da porta principal. Este edificio data, probablemente, do século XVIII.

No interior destaca o retablo principal de estilo Neoclásico coas imaxes de Santo Antonio, San Rosendo e San Xosé todas elas do século XVIII.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com