Trátase dunha construción en granito sobre o río Valiñadares ao seu paso polo barrio de San Lázaro. Hai referencias sobre un arranxo na mesma que data de 1660, aínda que esta, que se conserva hoxe, parece que foi edificada no século XVIII presenta dous relevos na súa parte central. Un deles é o escudo da cidade de Mondoñedo.