Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Cemiterio Vello

Cemiterio Vello

Interior do Cemiterio Vello

O Cemiterio Municipal antigo, situado na rúa Julia Pardo, é coñecido na cidade como Cemiterio Vello pois era alí onde se levaban a acabo as inumacións da cidade. Este lugar, ademais de albergar as tumbas dos máis ilustres persoeiros mindonienses ten a particularidade de contar con varios espazos diferenciados nos que se soterraban as distintas clases sociais da cidade.

Así, na parte máis alta, están os grandes panteóns onde se situaban as clases altas. Na parte central están as clases medias e, na baixa, soterrados no chan están as persoas máis humildes. Pero ademais disto conta, nun dos laterais cun cemiterio civil onde se soterraban todos aqueles que non foran bautizados ou que se declarasen ateos.
Hoxe está recuperado como espazo natural e xardín público con áreas para paseo, entretemento de nenos e maiores, miradores, etc.

Entre as tumbas dos persoeiros que podemos atopar alí destacan: o escritor Álvaro Cunqueiro, autor de obras como Merlín e Familia e Pascual Veiga autor da música do Himno Galego.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com