Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Casa do Concello

Casa do Concello

Interior Casa do Concello

A actual casa consistorial, situada na Praza do Concello, é un antigo Pazo do s. XVIII (1747) onde se localizaba a sé do Rexemento Provincial de Mondoñedo.

O edificio presenta unha planta cuadrangular con tres fachadas de pedra de granito onde podemos encontrar dous escudos: un Escudo Real e o Escudo da Cidade.

Sobre a parede esquerda do edificio estivo apoiada a muralla que rodeaba a cidade e na zona caleada albergouse a capela de Angustias que lle daba nome ao arco que se localizaba nese lugar.

Este edificio, que acolle as dependencias municipais dende o ano 1932, tivo a súa última reforma na década dos 90 do século XX.

Na actualidade alberga a Alcaldía, Secretaría, Oficinas Administrativas, Tesourería, Servizos Técnicos, Arquivos e Policía Local.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com