Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Hospital San Paulo e San Lázaro

A tradición hospitalaria mindoniense ven dende antigo e ademais dun hospital para leprosos documéntase en 1275 a primeira nova sobre unha ¿alberguería¿ (Hospital de San Paulo), un hospital de peregrinos e residencia de anciáns e enfermos situado na Praza da Catedral. Localizado cara a rúa da Rigueira e río de Sixto. Hoxe esta construción está desaparecida.

No século XVIII o bispo Sarmiento de Sotomayor pretende edificar un novo hospital que reunise as condicións adecuadas para desempeñar a súa función. Así consegue fusionar os antigos hospitais nunha nova edificación que levará os nomes de (San Paulo e San Lázaro), pois conseguirá que os rexedores de Mondoñedo lle cedan o padroado e administración dos dous no ano 1750.

O Hospital constrúese entre o 1750 e 1755 na parte alta da cidade, na Alameda de Os Remedios, a carón da cárcere que el construíra con anterioridade e que hoxe está desaparecida ao edificarse no seu lugar o PAC.

Este edificio presenta planta cadrada con fachada barroca e patio central. Sobre a portada principal posúe o escudo do bispo Sarmiento e de Mondoñedo formando un singular conxunto. No interior posúe unha capela que alberga un retablo barroco de dous corpos del s. XVIII con un cristo de época.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com