Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Consistorio Vello

A cidade, dende antigo, ten un importante desenrolo urbano e conta cos persoeiros públicos propios da mesma, tales como Rexedor e Alcaldes, pero durante moito tempo o poder laico estivo moi vencellado ao eclesiástico. E así, non será ata o século XVI cando as reunións do Concello saian fóra da Catedral.

Ata este século as xuntas facíanse na Sala dos Cabaleiros do templo catedralicio, pero agora vese preciso contar cun lugar propio para as reunións do Concello e cunha alfándega para recoller o pan. Estamos no ano 1563.

Para cumprir esa finalidade decídese adquirir dúas casas que se queimaran antigamente e que se situaban nun dos laterais da Praza da Catedral. Xunto coa merca das mesmas comézanse as obras de acondicionamento que rematarán en 1569.

Con posterioridade a esta data procédese á instalación do Escudo Imperial, que se conserva hoxe, na fachada que da á praza no ano 1575 e no 1582 remátase a edificación con cinco canos para evacuar auga do tellado.

A partir deste momento as reunións municipais levaranse a cabo aquí e, segundo a lenda que había colocada enriba da porta da sala, serían en beneficio do ben público. A inscrición dicía:

"Aquí dentro no ha lugar
Pasión, temor o interés
Sólo el bien público es
El que se ha de mirar 1584"

A súa última reforma na fachada ten lugar no século XVIII. Trátase da construción do balcón de ferro forxado que da á Praza da Catedral.

Hoxe a edificación conserva os canos, escudo e balconada e posúe tamén, na súa fachada oriental unha pequen hornacina na que podemos atopar unha imaxe de madeira policromada do século XVIII que representa a San Roque.

Actualmente estas dependencias son a sé da Biblioteca Pública Municipal e da Oficina Municipal de Turismo.

Interior da Oficina de Turismo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com