Vista 360
A mediados do século XVI a fonte da cidade non era axeitada para abastecer á poboación adecuadamente. Esta era unha fonte feita a xeito de balsa.
A nova construción foi asumida polo bispo Diego de Soto rematándose a mesma en 1548 tal e como indica a inscrición fundacional.
Esta edificación en cantería fíxose máis abaixo que a anterior e, en orixe contaba con catro canos. A construción conserva o seu estado orixinal atopándose a fonte baixo un arco abucinado cun pequeno espazo ao seu redor ao que se accedía a través dunha escaleira construída en grada.
Na parte máis alta da construción, coroando esta, atopamos o Escudo Imperial de Carlos I e a ambos lados, na parte baixa, dous do bispo que ordenou as obras.