Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Santuario da Virxe dos Remedios

A ermida orixinal de Nosa Señora dos Remedios da Pena de Outeiro foi dotada polo bispo Frei Francisco de Santa María Benavides en 1558 e, en pouco tempo, converteuse en centro de devoción mariana.

Despois dun primeiro intento de reforma no século XVII, levarase a cabo unha reconstrución total no XVIII.

O edificio actual, realizado por orde do bispo Sarmiento, constrúese, tras derruír o anterior, entre 1733 e 1738. Esta obra conta coa dirección do Arquitecto Frei Lorenzo de Santa Teresa, mestre de obras do convento de San Pedro de Alcántara, aínda que as liñas básicas foron trazadas polo propio bispo.

A edificación resultante será unha igrexa con planta de Cruz Latina e Sancristía detrás do Altar maior. Así mesmo, as naves, brazos do cruceiro e Capela Maior cubriranse con bóvedas de canón e a disposición do traspecto, que é o lugar onde se cruzan ambos brazos da cruz latina que forma a planta, ten forma ortogonal.

A fachada principal presenta unha ampla portada enmarcada por dúas columnas e coroada por unha cartela ovoide cunha inscrición que di ¿A expensas del Ilustrísimo Señor Obispo Sarmiento se reedificó y amplió eta capilla. Año de 1738¿. Sobre ela ábrese unha ventá a modo de pequeno rosetón e para rematar este tramo central atopamos as armas do bispo Sarmiento de Sotomayor.

A ambos lados elévanse dúas torres con pilastras e rematadas en sendos campanarios. Hoxe podemos atopar campás só na torre dereita. Na esquerda instalouse un reloxo. Nas dúas torres hai unha inscrición que di ¿Esta capilla se inició en el mes de junio de 1733 y se-¿ (torre esquerda) ¿Acabó en junio de 1738 siendo Obispo y Señor de Mondoñedo Don Fray Antonio Alexandro Sarmiento Sotomayor¿ (torre dereita)

A pesares de todo a fachada non se rematará ata anos máis tarde e farase con cargo a 2000 ducados que o bispo deixa destinados para este fin. A levouse a cabo en 1755 cando o bispo xa finara.

Da construción orixinal consérvase un dintel enriba da porta lateral da fachada dereita que posúe o escudo do bispo fundador da mesma, D. Francisco de Santa María Benavides (século XVI).

No interior o Altar Maior conta cun retablo de estilo Barroco que estaba ultimado en 1744, pois é cando o Cabido decide dar traslado á Virxe dos Remedios á súa capela e celebrar misa cantada, pero non será ata fins do 1745 cando se contrate o dourado deste que hoxe podemos contemplar aquí. No mesmo está a patroa da capela: a Virxe dos Remedios, pero podemos atopar outras imaxes como a Asunción da Virxe, San Ildefonso, San Anselmo, San Bernardo ou San Ruperto, todas elas tallas do século XVIII.

A orixinal disposición do transpecto en forma octogonal permite albergar catro retablos. Os da parte frontal, cara ao Altar Maior, de estilo Barroco e os da parte posterior de estilo Rococó. Todos eles do século XVIII. Neles podemos atopar imaxes da Santa Escolástica (frontal dereito), San Bieito Abade (frontal esquerdo), a Virxe do Rosario -cadro- (posterior dereito) e os santos San Domingos de Guzmán e San Vicente Ferrer (posterior esquerdo).

Esta é a igrexa parroquial de Os Remedios, constituída como parroquia independente na reforma levada a cabo de 1895.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com