Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Palacio Episcopal

O Palacio Episcopal foi a residencia dos bispos mindonienses dende que se constitúe como sé da Diocese. Edificio, anexo á Catedral, que, supostamente, se comeza a construír xunto con esta. A día de hoxe pouco queda da primitiva edificación debido ao incendio que sofre en 1527 pero, sobre todo, ás grandes reformas levadas a cabo no século XVIII.

O incendio do século XVI, baixo o pontificado de Xerome Suárez que, a pesar de facer estudo sobre o estado en que quedou o palacio, non acometeu a súa restauración, o que fará o bispo Frei Antonio de Guevara preitee con el para que ese seu antecesor, agora bispo en Badajoz, pague os danos causados por tal incendio.

A resolución é favorable á diocese e condénase ao bispo a pagar a cantidade taxada dos danos (962.000 maravedíes), pero ante a discrepancia do condenado coa sentencia e debido aos gastos que supuña o preito chegouse a unha concordia que ascendía a 500.000 maravedíes. Este acordo foi firmado en outubro de 1543 e o pago tiña que facerse en dous prazos, un no momento e outro polo Nadal dese mesmo ano. Son os comezos da restauración da residencia episcopal.

Será no século XVIII cando o Palacio troque totalmente a súa cara coas dúas grandes reformas levadas a cabo nese século coas que se refixo e ampliou a edificación acadando as dimensións e características que hoxe posúe.

A primeira ten lugar no ano 1760 e será realizada baixo o pontificado do bispo Riomol y Quiroga que mandará refacer a parte do Palacio que da á Praza.

A segundo realizarase entre os anos 1789 e 1790. Correrá a cargo do bispo Cuadrillero y Mota e consistirá na ampliación da edificación ao construír todo o pavillón que da á actual rúa da Fonte, enfronte á Fonte Vella.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com