Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Castro da Recadieira

O Castro da Recadieira sitúase no barrio da Recadieria, na parroquia de Os Remedios, sobre un pequeno outeiro que domina o Río Tronceda e o Rego de Cesuras.

Este asentamento presenta un recinto redondeado que se atopa fortificado por murallas de terra. Ademáis, pola parte norte, conta con dúas terrazas de expansión da propia croa tamén amuralladas.

A súa estrutura é, ao igual que o anterior, moi boa para poder entender a disposición destes poboados prerromanos, pero esta lugar é importante, máis que por iso, polos achados que se obtiveron: dous torques de ouro, un torque de prata e unha pequeno lingote de ouro ¿que se denomina torta de fundición-.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com