Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Castro de Lindín

O Castro de Lindín sitúase no barrio de O Castro na parroquia de Lindín ao final dunha planicie na metade da ladeira que baixa do Monte Padornelo cara a Santa María Maior.

Os castros son, como é sabido, poboados fortificados de orixe prerromana. Este, a pesar de non estar escavado, é un bo exemplo de asentamento castrexo, pois presenta un importante recinto oval rodeado dunha gran muralla de terra que, nalgunha zona, acada máis de catro metros de altura con respecto ao exterior do recinto.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com