Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Vilas en Flor Galicia - Mondoñedo

Vilas en Flor_Mondoñedo_3flores

O programa "Vilas en Flor", unhainiciativa que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellosgalegos, leva celebrándose dende o ano 2018 e Mondoñedo participa dende o ano2019.

Mondoñedo leva traballando moito tempo no tema de natureza eespazos verdes polo que encaixa perfectamente na filosofía do certame.

Nesta liña a cidade conta con formación neste eido impartid dendeo IES Plurilingüe San Rosendo a través dos ciclos de Formación Profesional deforestais ou de xardinería.

Como institución, o concello, ten acometido diferentes traballosen zonas verdes do Camiño de Santiago, que atravesa todo o Concello.

Ademais, ten un cemiterio histórico con zonas axardinadas erealiza diferentes actuacións baseadas en acondicionamento de xardíns por todoo concello, actividades de potenciación social e promoción de actividadesflorais como por exemplo os concursos de Decoración de Balcóns "Florea oteu balcón" e actividades de recuperación, coidados e potenciación endiversas área verdes e naturais do concello a través de obradoiros de emprego.

Vilas en Flor persegue a mellora ambiental,social e económica dos concellos galegos, así como a dinamización do sector dopaisaxismo e a ornamentación, seguindo o modelo existente noutras comunidadesautónomas como Cataluña, Aragón, Canarias e Valencia, a semellanza do sistemaimplantado desde hai décadas noutros países como Reino Unido, Irlanda, Francia,Italia e Canadá.

É un programa encamiñado á posta en valor dariqueza natural e paisaxística, na liña dalgunha das multifuncionalidades dainfraestrutura verde. Con este proxecto preténdese a mellora estética efuncional do territorio mediante o recoñecemento público daquelas actuaciónsmedioambientais, enriquecidas con obras de axardinamento, ornamentación floral,mobiliario urbano e espazos lúdicos. As ¿Flores de Honra¿ son o distintivo quese concede anualmente aos municipios participantes, segundo criterio dun xuradoespecializado formado por expertos de recoñecido prestixio no ámbito dopaisaxismo. Hai cinco niveis: de unha a cinco Flores de Honra. O programarecoñece tanto a traxectoria como as accións levadas a cabo polos concellosgalegos para mellorar e resaltar os espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible,a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna

Deste xeito, os concellos son recoñecidospola súa adecuada implantación e xestión dos espazos verdes, contribuíndo demaneira directa ao desenvolvemento económico local, xerando máis actividadeeconómica derivada do propio sector da planta ornamental e da xardinería asícomo dun previsible aumento de visitas turísticas. De feito existen rutasespecíficas para os concellos que participan neste tipo de programas.

O Concello de Mondoñedo conseguir obter dúasflores nos concursos do ano 2019 e do ano 2020.

Polo bo facer de Mondoñedo, no ano 2021 acadou a terceira flor.

Web de Vilas en Flor Galicia: galicia.vilasenflor.com

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com