Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Museo da Imprenta

Museo Imprenta - interior 1

A imprenta en Mondoñedo ten unha gran tradición. O primeiro libro que se imprime en Mondoñedo data do 1495 e trátase da Breve Forma de Confesión de Alonso de Madrigal, el Tostao, bispo de Ávila e, polo tanto, estariamos ante un Incunable. Hoxe en día desta obra queda só un exemplar orixinal que está na biblioteca de Braga en Portugal.


Con esta obra Mondoñedo convértese nunha das cidades pioneiras en Galicia en adoptar a imprenta por diante doutras de gran importancia como Santiago de Compostela ou Lugo.


E dende aí podemos rastrexar unha importante tradición en Mondoñedo que acada o seu momento álxido entre o século XIX e o XX coa imprenta Mancebo (logo Sucesores de Mancebo) á cabeza.


O museo consta dun único espazo dividido en dúas metades. Na primeira delas faise un achegamento ás orixes da imprenta e aos seus primeiros momentos de historia dentro de Mondoñedo e de Galicia.


Na segunda hai unha achega ao oficio de impresor con exemplos orixinais de máquinas de imprimir, tipografías, guillotinas, etc. Así como cabeceiras de exemplares saídos dos prelos mindonienses dende o século XIX.


O conxunto é un paseo pola historia da imprenta dende as súas orixes ata a actualidade.

Contacto: 982 50 71 77

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com