Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Patrimonio Etnográfico

Hórreo tipo Ribadeo

Mondoñedo ten un abondoso patrimonio etnográfico material e inmaterial.

O primeiro e máis abondoso son os hórreos ou cabozos como aquí se denominan que case podemos atopar un por casa fóra do que é casco urbano.

Este tipo de construción aquí poden ser clasificadas en dous grandes tipos: Tipo Mondoñedo e Tipo Ribadeo segundo as súas características formais.

O primeiro deles, que leva o nome da cidade, é un hórreo alto, con dous piares de pedra que se unen a través unha estrutura de madeira. As paredes longas son de listóns de madeira verticais que non chegan a unirse de todo para poder circular o aire por eles. A cuberta, como non, é de lousa local.

O tipo Ribadeo está conformado por dous piares de pedra que se unen tamén por estruturas de pedra. As paredes longas son de pedras con buratos formando unhas pequenas ventás que son as que lle proporcionan ventilación. Ademais debaixo do hórreo o espazo soe estar aproveitado, xa sexa por cabanas ou, como no caso da imaxe, por un arco ao estar situado enriba dun camiño, aínda que enriba tamén teña unha pequena estancia como delata a xanela que vemos baixo o piso do cabozo. A cuberta tamén está realizada en pizarra.

Contidos relacionados

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com