cova pode ser visitada en dúas modalidades:
Espeleoturismo
Visitas a Galería Central: As visitas fanse a unha cova en estado natural propoñéndose un percorrido atractivo nun entorno seguro. O tempo estimado da visita é de 1h. e 15 mins. (dende que se entra na cova). Proporciónase casco con iluminación, guantes e un mono de celulosa (dun só uso).
Para facer a visita é preciso traer calzado pechado con fondo de goma para evitar esvaróns. Ademais é preciso contar cunha forma física e mobilidade normal.
Tamén se recomenda traer roupa que non importe manchar e, incluso, roupa para mudarse tras a visita.
As visitas son sempre guiadas e en grupos reducidos. A idade mínima son 11 anos.
Información e reservas na Oficina de Turismo de Mondoñedo. O punto de recepción, xa no día da visita, é o entrono da propia cova, nunha caseta de madeira que se localiza ao pé da mesma.
O transporte ata a cova debe facelo cada visitante ou grupo polos seus propios medios.
A visita faise no Sector Central, facendo un percorrido aproximado de 300m lineais nun entorno sen habilitar.
As visitas son de fin de semana de marzo a maio e de outubro a decembro (tres grupos ao día agás marzo e novembro) e en época estival (de xuño a setembro) de luns a domingo con tres grupos ao día.
O prezo é de 20,00€ /persoa.
Os centros escolares en visita organizada teñen redución de prezo.Visita Baixada ao Río: Visita de maior esixencia física. Realízase baixo demanda. Idade mínima 18 anos. Prezo 40€/persoa. Información e reservas con Oficina de Turismo.
Visitas espeleolóxicas
Só para grupos espeleolóxicos federados tras solicitude previa a depositar no Excmo. Concello de Mondoñedo. Esíxese iluminación eléctrica, grupos reducidos e que todos os integrantes do equipo estea en posesión do carné federativo.