Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Descrición Patrimonial

No tocante ao patrimonio histórico e cultural hai que indicar que este é un lugar catalogado pola Dirección Xeral de Patrimonio como xacemento de tipo Paleolítico e, polo tanto, vencellado ás primeiras etapas do home na terra.

Así, xa dende antigo, a cova estivo moi ligada aos estudos arqueolóxicos e así, por un pioneiro destes estudos foi descuberta para o mundo científico por José Villaamil y Castro. Será el quen no 1873 en Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia publique o primeiro plano de Rei Cintolo. Da zona superior da cova que se denomina Sector Central e que abrangue uns 300 metros de percorrido.

Un pouco máis tarde, no ano 1946, José Trapero Pardo dará noticia da aparición dun puñal que el calificará de Celtibérico, pero que estudos posteriores farán que hoxe se encadre, nos fins do medievo. Pouco tempo máis tarde aparecerá unha punta de frecha tallada en sílex.

A comezos da década de 1970 atópanse unha serie de restos humanos pertencentes, todos eles, a un mesmo individuo. Estes, tras un estudio antropolóxico, foron situados nos fins do Paleolítico Superior.

Nos fins do século XX, no ano 1989, realízase unha campaña de valoracións arqueolóxicas en cavidades da zona por parte de M.ª J. Soto Barreiro e P. Pumarejo Gómez. Nese estudo incluirase Rei Cintolo, pero non se dan conclusións relevantes para esta.

Xa no século XIX, ano 2003, R. Villar Quintero realiza unha valoración do Sector Central da cova con sondaxes no pórtico de entrada e nas galerías interiores correspondentes. Estes traballos deron como resultado a constatación de restos de ocupacións no pórtico de entrada correspondente ao período medieval (século XI).

Nas sondaxes das galerías interiores constatouse un fogar nunha galería menor así como unha serie de pequenos gravados que abren un debate científico pola posibilidade de dúas interpretacións para a súa autoría: a man do home ou as zarpas dos osos por ser un lugar adecuado, segundo opinións, para que estes invernasen.

Neste apartado, en relación co eido patrimonial etnográfico, tamén merece mención a lenda que hai sobre cova, unha fermosa historia de reis, princesas e castelos:

¿Era Bría un próspero Reino no que vivían felices todos os súbditos do bondadoso Rei Cintolo. Éste tiña unha filla, la princesa Xila, de afamada beleza e numerosos pretendentes. Pero o corazón de Xila xa tiña dono; estaba profundamente namorada dun xove conde chamado Uxío, máis nobre e honesto que rico.

La voda xa estaba fixada cando as tubas e do Reino anunciaron a chegada de Manilán: un poderoso e malvado feiticeiro que comunicou, de inmediato, ao Rei Cintolo que se casaría coa súa dilla Xila so pena- de non ser aceptado- de arrasar o Reino de Bría matando a todos os seus habitantes.

O valente Uxío dirixiuse ao campamento e retou entonces a Manilán; acabando co bruxo tras unha dura loita. Pero antes de morrer, Manilán deixara listo o seu feitizo co que á súa morte cun gran estrondo o reino enteiro sería arrasado, sendo este devorado polas entrañas da terra. Cando Uxío regresou vitorioso tras matar a Manilán non atopou máis pegada do Reino de Bría que a boca dunhas fermosas covas. O xove conde, cheo de tristura, entrou dentro da cavidade en busca da súa amada e nunca regresou.

Aínda hoxe, nalgúns amenceres, pode verse, á porta da Cova á bela Xila peiteando aso vendo os seus dourados cabelos, agardando que alguén consiga desfacer o encanto que malvado do feiticeiro para poder retomar a súa vida.

Dise que quen logre romper o feitizo será cuberto polas riquezas do Rei Cintolo¿.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com