Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Artesanía

Barrio dos Muiños (ruta)

O barrio mindoniense coñecido como Os Muíños está situado nos arrabaldes do casco urbano, ao pé dunha das entradas tradicionais á cidade.

Nesta zona concentráronse, desde antigo, un importante número de artesáns que co exercicio do seu oficio abastecían á cidade e aos arredores: muíños, forxas, ceramistas, fabricantes de sellas,... e isto foi así grazas ás dúas canles de auga que atravesan o barrio e que proporcionan a forza precisa para poder mover as máquinas desas pequenas industrias.

Auga que movía o muíño para facer fariña, que movía os martinetes das forxas e que incluso movía dínamos que permitían ter luz eléctrica de forma autónoma a estes pequenos talleres.

Hoxe, seguindo coa tradición artesá da zona, consérvanse no lugar obradoiros que manteñen viva esa primeira razón de ser do barrio.

Así, atopamos o muíño, o canteiro, o monicrequeiro, as alfareiras e un pouco máis lonxe ás serigrafistas.

En primeiro lugar, o que non pode faltar nun barrio cortado por canais de auga e que se denomina Os Muíños, é un muiñeiro e así é. Neste barrio había en funcionamento media ducia de muíños que pouco a pouco foron parando as súas rodas ata quedar só un deles funcionando. Aquí, no muíño que perdura dende fai máis dun século, a través da forza da auga, móvense as grandes rodas de pedra, as moas, que van triturando o gran e facendo fariña: de trigo, de millo,... para logo facer pan con ela ou servir de alimento aos animais.

O canteiro que modela a pedra, que saca a alma que ten dentro dándolle formas imposibles ou, ao menos, improbables cando nun momento previo non deixa de ser un bloque informe. Un artista escultor. A pedra forma parte das nosas vidas, da nosa historia. Está nos nosas casas, nos nosos monumentos e ata na nosa literatura. O traballo do canteiro é a conversión da pedra en arte a través do soniquete propio deste oficio, do martelar continuo. Aquí está o paso da Pedra á Arte, aquí podemos ver esa transformación casi máxica do inerte en algo eterno.

A técnica de pasar tinta a través dun tecido tensado nun bastidor para facer unha impresión é algo moi antigo e moito máis complexo do que poda parecernos aos profanos na materia. A serigrafía está aquí representada nun taller onde se fan os deseños e motivos baseados na natureza e na cultura galega. Realízase todo á man, con suma delicadeza. Prepáranse os moldes, imprímense os tecidos con cores naturais, elaboradas con produtos respetuosos co medio ambiente, etc. Un obradoiro de arte con obras para levar postas e lucir en calquera momento e lugar.

Todos, nalgún momento da nosa nenez, descubrimos un mundo máxico nos monicreques e iso permaneceu ata o día de hoxe. Na actualidade seguro que máis dun e dunha se quedaría observando unha destas representacións feitas por bonecos sen poder apartar a vista dos mesmos pola enerxía que desprenden a pesares de ser tan pequenos. En Mondoñedo hai un taller no que se poden observar estes pequenos fabricantes de soños e tamén se pode ver como se fan todos os elementos precisos para que funcionen. Este é un pequeno gran teatro ao alcance de quen o saiba disfrutar.

E, como non, a alfarería. As formas da terra. O traballo das mans das artístas que van acomodando a arxila para dar lugar a esas formas propias desta zona.

Grupo ARTESANÍA OS MUÍÑOS:


Serigrafía
Ponte Pousada
Web: http://www.axentedascores.com
e-mail: info@axentedascores.com
Móbil:687.310768
Telef: 982.521063

Monicrequeiro
Avda. Bispo Fernández de Castro
Web: http://www.mircromina.es/
e-mail: tonarenas@gmail.com
Móbil: 617.353140

Canteiro
Avda. Bispo Fernández de Castro
Facebook.com/punteiradas-viladepedra
Móbil: 678.900683

Alfar
Muíños de Abaixo
Móbil: 657.605618

Obradoiros do Barrio dos Muiños: Títeres

Obradoiros do Barrio dos Muiños: Cantería

Estatua de Díaz Jácome

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com