Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Camiño Norte

Camiño Norte_Cruceiro

Para o peregrino que faga o Camiño Norte a Santiago, Mondoñedo debería de ser punto obrigado de parada.

Coa única catedral en todo o Camiño dende Santander ata Santiago e cun conxunto histórico de primeira orde, a nosa cidade debe de ser un lugar especial no tránsito por este camiño de historia e de fe ata a cidade de Compostela.

Con relación ao camiño propiamente debemos indicar que en Mondoñedo conflúen dúas entradas. As dúas variantes do Camiño que entran en Galicia dende a veciña Astruias tras a súa bifurcación en Abres.

Así, aquí chegan a que entra por Ribadeo, pola costa cántabra, vai cara a Lourenzá e logo Mondoñedo e, a segunda, que discorre polo interior atravesando a ría do Eo un pouco máis ao sur e pasa polo concello de Traballa cara á cidade episcopal.

Do mesmo xeito,dende a súa confluencia en plena Praza da Catedral, saen dúas variantes do camiño oficial cara a Gontán-Abadín, onde se reúnen de novo. Unha é a denominada vía "principal" cuns 12Km de percorrido e a segunda é a vía "complementaria"cuns 15Km que, si ben en distancia teñen unha importante diferencia, no que ao tempo de camiño se refire queda reducida bastante pola súa superior dificultade da ruta principal (ver nos arquivos descargables do final, os perfís dos camiños de saída).

No que a servizos se refire, Mondoñedo conta con PAC (Centro de saúde e punto de atención continuada de 24h), farmacias, policía local, cuartel de garda civil, parada de taxis, estación de autobuses, piscinas públicas, supermercados e tendas de alimentación, tendas de roupa, tenda de artigos deportivos e trekking, zapaterías, arranxo de calzado, taller de bicicletas, etc. e, por suposto, hoteis, hostais, pensións e albergues, tamén restaurantes e outros lugares de comida (ver listado completo no seguinte enlace:)

http://www.concellomondonedo.es/portal_localweb/p_101_contenedor1_ayto_mondonedo.jsp?seccion=s_fdes_d4_v2.jsp&codbusqueda=222&language=gl&codResi=5&codMenuPN=236&codMenu=254&layout=p_101_contenedor1_ayto_mondonedo.jsp&layout=p_101_contenedor1_ayto_mondonedo.jsp&level=1

Aínda que aquí reproducimos os datos dos albergues existentes:

ALBERGUE PÚBLICO MUNICIPAL

29 prazas

Praza Jaime Cabot - 27740 Mondoñedo

TFN: 982 507 040

Prezo 8€

ALBERGUE MONTERO

40 prazas

Avenida Eladio Lorenzo, 7 - 27740 Mondoñedo.

TFN: 982 521 751

Mail: info@hrmontero.com

SitioWeb: www.hrmontero.com

Prezo 15€

ALBERGUE DA NATUREZA DO VILAR

54 prazas

O Vilar, s/n

TFN: 982 100 887 / 982 524003

Mail: info@alberguedevillalbacastelos.com

Prezo 15€

Outra información de interese é que a Catedral ten misa do peregrino ás 19h de luns a sábado.

Que ver en Mondoñedo?

Unha vez situados en Mondoñedo, recomendamos aproveitar todo o que se pode ver nesta cidade que reúne un dos mellores conxuntos históricos de Galicia arredor da súa catedral.

Así, Mondoñedo posúe o título de cidade dende 1156 por concesión rexia, por parte Afonso VII de León, e foi capital de provincia ata as reformas liberais de 1833 nas que queda integrado dentro da provincia de Lugo.

Por todo iso, como cabeceira de diocese dende 1112, foi reunindo un importante patrimonio histórico e monumental ata o día de hoxe. Co que na actualidade conta cun impresionante Casco Histórico declarado como tal en 1985, está incluído dentro da rede de Los Pueblos Más Bonitos de España (2017), e, de todo el, o monumento máis destacado é a súaCatedral Basílica da Asunción que é Patrimonio da UNESCO dende o 2015, declarada así xunto á declaración do Camiño Norte a Santiago.

Da Catedral tamén hai que lembrar, tal como se indicou máis arriba, que é a única que o peregrino encontrará no Camiño do Norte en Galicia ata a súa chegadaa Santiago e non só iso senón que é a única que hai entre Santander e Santiago de Compostela, co que ben merece unha visita.

E, ademais diso, debemos indicar que Mondoñedo reúne edificios de grande interese histórico e monumental como son o Pazo Episcopal (no que as fachadasactuais son da súa última reforma no s. XVIII), o Real Seminario Conciliar de Santa Catalina (s. XVIII), a Fonte Vella (s. XVI), o Consistorio Vello (s.XVI), o actual edificio do concello (s. XVIII), o Hospital de San Paulo e San Lázaro (s. XVIII), o Santuario de Os Remedios (s. XVIII) o Mosteiro da Concepción (s. XVIII) e, con eles, mención obrigada tamén, aos seus museos tales como a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, o Museo da Imprenta e o Centro de Interpretación do Camiño de Santiago.

Agora visto o patrimonio pasemos a outro aspecto cultural, a festa. A máisimportante, a mediados de outubro, as feiras máis antigas de Galicia e das máisantigas de España (con máis de 860 años de antigüidade) e que se celebran aquídende o ano 1156, son As San Lucas que contan coa distinción de Festa de Interese Turístico Galego (en tramitación el de Interese Turístico Nacional). Pero no son as únicas pois tanto as celebracións de Semana Santa como o Mercado Medieval (mediados de agosto) posúen esta distinción de Interese Turístico Galego.

No referente ánatureza, posúe unhas paisaxes e unha riqueza dignas de mención. Áreas protexidas como A Fraga Vella (Rede Natura 2000 e LIC), importantes cursos de auga entre os que destaca o ría Masma -onde se pode practicar a pesca- e cunha área de rocha calcaria que fan que aquí se localicen as covas máis grandes de Galicia con máis de 7Km de percorrido interior, a Cova do Rei Cintolo.

E no campo gastronómico a horta local ou as carnes criadas na zona presentan unha calidadesuperior, pero o produto estrela é a famosa Torta de Mondoñedo. Unha sobremesa incrible a base de follado, biscoito borracho, cabelo de anxo e améndoas e que estivo e está presente en mesas tan ilustres como as dos reis de España e as do Vaticano.

Cultura, historia, natureza, artesanía, gastronomía e literatura concentradas nun lugar máxico onde gozar da vida. Mondoñedo. Un lugar de parada obrigada no periplo Xacobe do Norte.

Acceso ao apartado de turismo da web oficial de Mondoñedo:

http://www.concellomondonedo.es/portal_localweb/p_101_contenedor1_ayto_mondonedo.jsp?seccion=s_p_40_cuerpo_distribuidor2.jsp&language=gl&codResi=5&codMenu=236&layout=p_101_contenedor1_ayto_mondonedo.jsp&codResi=5&language=gl

Información complementaria:

Enlace ao decreto de catalogación do Camiño Norte a Santiago pola Xunta de Galicia que inclúe os planosde todo o camiño dende a súa entrada na comunidade galega ata o final do mesmo:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2014/20141223/AnuncioG0164-161214-0003_gl.html

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com