Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Gastronomía

Un aspecto que non debe faltar é o gastronómico pois Mondoñedo posúe bos e abundantes produtos de horta e carnes de calidade, aínda que a estrela é a nosa famosa Tarta de Mondoñedo.


Esta fantástica sobremesa, elaborada a partir de doce de cabaza, follado e améndoas, percorreu medio mundo e estivo presente en mesas tan ilustres como a dos reis de España ou a do Vaticano grazas á promoción que se lle deu desde os obradoiros locais.
Hoxe elabórase a Tarta de Mondoñedo en varias pastelerías mindonienses cos mesmos ingredientes pero con toques persoais propios que fan que cada mestre pasteleiro cree un produto único e diferente ao do compañeiro de profesión. Cada tarta é un sabor por descubrir.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com