Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Aspectos socioeconómicos

Mondoñedo ten unha extensión de 144 Km2 o que o fai o concello máis grande en extensión de toda a mariña luguesa. No seu territorio localízanse quince parroquias: Argomoso, O Carme, A Couboeira, Figueiras, Lindín, Masma, Mondoñedo (Nosa Señora do Carme), Oirán, Os Remedios, San Vicente de Trigás, Santa María Maior, Santiago de Mondoñedo, Sasdónigas, Vilamor e Viloalle.

Poboación:
No eido poboacional este é un concello pequeno que só conta con 4.611 habitantes e cunha pirámide de poboación que se vai engrosando a medida que nos fixamos en idades maiores e que podemos resumir brevemente nos seguintes datos:

menores de 20 anos: 507 (11%)
entre 20 e 65 anos: 2527 (55%)
maiores de 65 anos: 1577 (34%)

Economía:
A principal actividade económica é o sector primario, neste sector traballa un 42,2% da poboación ocupada. A gandería oriéntase á produción láctea e cárnica, a agricultura está orientada á produción de hortalizas e conta cunha importante riqueza forestal que constitúe un importante soporte para o desenvolvemento da industria da madeira.

A capital municipal desempeña unha función administrativa e comercial facendo que a porcentaxe de poboación adicada ao sector servizos ascenda ao 30,1%.

O resto da poboación traballa na industria (un 18,8%) e na construción (8,9%).

Rede fluvial:
Mondoñedo está situado ao Norte do bloque montañoso que enmarca a Terra Chá. O relevo deste concello é bastante accidentado. A principal corrente de auga é o río Masma, alimentado por unha importante rede de pequenos regatos.

Clima:
Climatoloxicamente temos que falar de temperaturas suaves que oscilan entre os 8ºC de media en xaneiro e os 18,1ºC en agosto. Presenta unha pluviosidade de 1.344 mm anuais e danse néboas nas zonas máis baixas orixinadas por inversión térmica.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com