Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Saúdo do Alcalde

Manuel Ángel Otero Legide_Alcalde

Dende esta fiestra ao mundo, que ofrece o Concello de Mondoñedo, quero achegarvos un saúdo,tanto a vos, veciñas e veciños de Mondoñedo como a todos aqueles visitantes que están de paso pola nosa cidade, e poñerme á vosa disposición.

Quixera tamén dicirvos que continuaremos a traballar na liña marcada por este equipo de goberno nesta andadura que comezamos fai xa algo máis de cinco anos. E, por suposto, iremos dando conta diso dende aquí, entre outras vías de comunicación.

Así, a través desta páxina web, continuaremos achegando información de relevancia para a cidadanía, presentando proxectos de interese para o noso Concello así como o resultado dos mesmos e, por suposto, tamén vos quero convidar a participar connosco na mellora da nosa cidade e concello a través das vosas aportacións.

Imos aproveitar as novas tecnoloxías, as redes sociais e de información, en definitiva o mundo dixital que está cada vez máis presente na nosa vida e máis nestes momentos tan complexos que nos están a tocar vivir nos que o distanciamento físico é unha necesidade.

Así, neste eido, o Concello de Mondoñedo, non se quere quedar atrás e por iso aposta e apostará polas novas tecnoloxías para estar en contacto directo coa veciñanza e con iso poder atender mellor e máis rápido as necesidades de todas e todos os mindonienses.

Por todo iso, tanto a través desta plataforma web, como dende as diversas redes sociais do concello, queremos estar ao voso lado para que, entre todos, podamos mirar ao futuro con optimismo.

Quero por último dende aquí, a nosa páxina web oficial, reiterar a nosa invitación a que participedes no día a día deste concello a través de calquera das ventás dixitais que temos abertas para a cidadanía para que todos sumemos aportes que permitan poñer a Mondoñedo na primeira liña que se merece.

Unha forte aperta.

Manuel Ángel Otero Legide

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com